Violencia de Xénero sobor dos Nenos. Efectos

Este Outono temos preparadas algunhas charlas que abarcan distintos aspectos en torno á muller.

O próximo 2 de Outubro, venres, ás 20 horas no Centro Social de Boiro, sito en na Rúa Manoel María s/n, terá lugar  a charla acerca dos efectos que a violencia de xénero xenera sobor dos nenos.

Ao cargo da charla estára unha muller comprometida, Paz Filgueira, quen exerce a súa función de Xuiza nos xulgados de Volencia de Xénero na cidade Olívica.

ViolenciaXeneroPFilgueira
Efectos da V. Xenero nos Nenos

Asasinatos de xénero

OS ASASINATOS INNOMEABLES

No que vai de ano 37 mulleres foron asasinadas neste país polas súas parellas ou exparellas. 37! Iso supón aproximadamente 4 mulleres ao mes, casi unha por semana. Ademáis 3 menores foron asasinados polos seus pais co obxetivo de facer dano ás súas nais. Poderíanse considerar coma outros tres asasinatos mais?. Seguramente esas nais non perden a vida pero perden a súa fe, a súa alegría, a súa esperanza, as súas gañas de vivir, a súa confianza, etc, etc. Algunhas non se repoñerán nunca mais. E todo isto pasa nunha sociedade “avanzada”. Nunha sociedade moderna que pertence ao primeiro mundo. Na vella Europa Democrática. Nun país onde existe unha das leis  de protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero mais avanzadas do mundo.

violencia_genero2
Violencia Xénero Tolerancia CERO

Un incesante goteo de mulleres son asasinadas ante os narices de toda a sociedade  polo simple feito de tomar a decisión de ser elas mesmas e, qué pasa?. Non pasa NADA!. Sí claro, os políticos da súa localidade  organizan concentracións de repulsa, fanse minutos de silencio, os veciños escandalízanse, todo o mundo di: que Horror! Se o caso é moi rechamante mesmo se decretan días de duelo pero íso é todo. Nos xornais e nas noticias falan do tema: unha muller morta máis, outra muller foi atopada morta vítima da violencia machista. Seguimos pensando que é un problema individual, un problema doméstico. E o que pasa de portas adentro nunha familia non nós incumbe, queda de portas adentro. E segumos adiante coma se nada. Seguimos viviendo nun país do primeiro mundo onde a igualdade e as liberdades están recoñecidas por lei . Ah, por suposto! Esas Asociacións feministas saen a protestar. Reclaman máis medidas de protección, máis orzamento e máis axudas ás vítimas máis medidas contra os maltratadores. Mesmo que lles restrinxan as visitas aos seus fillos ou lles quiten a patria potestade.

Pois NON, señores e señoras. Isto non é un problema doméstico, non é un problema individual. É un problema social, de toda a Comunidade. Trátase dunha aresión permanente as mulleres que nace do machismo que trata de manter o sometemento da muller por parte do home. Trátase dunha advertencia ás mulleres: “es miña, a miña posesión màis prezada. E só eu teño o dereito para decidir sobre tí”. Non está lonxe doutros conceptos parecedios que nós escandalizan en paises “menos desenvolvidos”.

E por iso NON pasa nada. Porque é de toda a vida. Por iso unha boa parte da sociedade non reacciona. Por iso moita clase política nin o considera. Porque falamos de mulleres. Qué pasaría se cada semana alguén asasinase a un taxista, a un camareiro, a un médico, a un avogado…só polo simple feito de selo?

Cometeronse 325 asasinatos de mulleres nos últimos cinco anos coa complicidade de toda a sociedade. 325! Saben vostedes cantos asasinatos cometeu a banda terrorista ETA entre 1986 e 2010. Pois 324 asasinatos. O terrorismo  machista, que trata de impoñer a través da violencia os roles sociais, asasinou en cinco anos máis que o terrorismo etarra en vintecinco anos. A qué estamos a esperar? Qué maís precisamos para reaccionar?

Reflexións feitas por unha das nosas compañeiras, LEO.