Brecha Salarial de Xénero

8 de Marzo 2016

Qué é ?

É un feito que se desprende do cotián, tod@s o sabemos, e comprobouse polas enquisas e medicións estadísticas que se teñen feito en España e en Europa, e en outros lares, que a diferencia  media entre o salario que preciben os homes polo seu traballo  e o das mulleres, por hora traballada, é moi diferente en todo-los paises, sendo a porcentaxe que cobran os homes, moi superior á das mulleres, segundo a definición que fai   Comisión Europea.

Diferencias que se manteñen e persisten no tempo, e a día de hoxe sen solución.

 

Enquisas en España

Cabe sinalar que o obxetivo de Igualdade de oportunidades e de remuneración no ámbito laboral entre homes e mulleres é unha obriga pola que han de velar as Autoridades e mesmo as empresas.

Tanto o Estatuto dos Traballadores, como a Lei de Igualdade establecen sancións e políticas de apoio que se encamiñan a acadar unha Igualdade Salarial entre homes e mulleres.

Estudos realizados antes da crise do 2008 sinalan, en termos xerais que, efectivamente, existen diferencias salariais importantes (tanto se se mira en ganancia por hora, como en ganancia por rendimento), entre homes e mulleres, podendo extraerse as ideas que pasamos a concretar:

-As mullers cobran menos que os homes en calqueira das circunstancias ou características persoais, laborais, xeográficas ou empresariais.

-A brecha salarial é maior se se mide por rendimento que por hora.

-A ganancia por hora amplíase:

Canto maior é a idade da persoa traballadora.

Entre persoas que teñen un título universitario e, por  riba, tituladoas de FP.

Entre persoas directivas e administrativas.

Entre persoas  empregadas con contratos indefinidos a xornada completa.

En centros de traballo con Convenio de ámbito reducido.

Cando aumenta o tamaño empresarial.

Cando a competitividade empresarial é maior.

Estudos feitos en 2006 pola Secretaría de Estado de Igualdade indican que España ten unha brecha de igualdade salarial no eido Europeo, malia as distintas porcentaxes que poden verse nos diversos paises da Unión.

Na Unión Europea

Aquí as mulleres acadaron, xunto cos Paises do Norte de Amércia e Australia, as cotas máis altas de Igualdade cos homes en compración coa maior parte dos demais Paises..

En Europa a brecha salarial  ten unha media de diferencia dun 16%, en percepción salarial inferior á do home, existindo notorias diferencias entre os mesmos Paises que conforman a UE.

O impacto que a brecha salarial ten sobor das mulleres ao longo da vida laboral repercute en varios aspectos,crece día a día ao percibirse menos ingresos polo mesmo traballo, e incluso por máis horas   traballadas por parte das mulleres, e a repercusión sobre todo nas pensións dado que a partires da xubilación, as mulleres incrementan o risco de caer na pobreza.

Os traballos a tempo parcial son ocupados por unha maioría de mulleres, un 34,9%, fronte a un 8,6% dos homes; o que repercute de maneira moi negativa no desenvolvemento das súas carreiras profesionais, nas suas pensións, nos seus dereitos e na prestación por desemprego.

Causas

É un problema farto complexo no que interveñen moitas causas.

En ocasións homes e mulleres reciben distinto salario, a pesares de facer o mesmo traballo.

O traballo en distintos Sectores, sendo os sectores onde mais mulleres traballan onde se ofrecen salarios mais baixos (Ex. na Sanidade, e mesmo aquí en Galicia na Conserva) que aqueles nos que dominan os homes.

Asemade,as mulleres, para poder levar a cabo a Conciliación Familiar tenden a traballar un menor número de horas, e como resultado de esto tenden a traballos a tempo parcial con maiores probabilidades de seren contratadas con baixa remuneración e non seren designadas para postos de responsabilidade.

Tamén, a raíz de factores culturais e históricos, a forma de fixar os salarios favorece mais aos homes que ás mulleres. O denominado “Techo de cristal” impideque as mulleres acaden postos de maior remuneración.

As competencias e capacidades das mulleres están a miudo infravoloradas. Os traballos que requiren maior esforzo fisico, teñen tamén a miudo,  maior valoración que os realizados por mulleres. Coma exemplo temos o traballo de albanel ou de costureira.

Canto maior é o predomini, nun traballo, de homes, o salario é superiro, sucedeno á inversa, coando o predomino no traballo é de mulleres. Coma exemplo temos o traballo a bordo dos atuneiros ou en plataformas petroleiras, e os traballos das conserveiras.

Liderazgo

As mulleres teñen unha vaixa representación no eido da política e da economía. So un tercio dos científicos e enxeñeiros don mulleres en Europa, e nos sectores dominados por mulleres, éstas están infrarepresentadas  nos postos de responsabilidade.

As mulleres constitúen o 17,8% dos membros de xuntas directivas das maiores empresas que cotizan en bolsa na UE, sendo maís baixa a participación como directivas, descendendo ainda mais como conselleiras delegadas.

As tradicións e roles de xénero determinal o papel que homes e mulleres desenrolan na Sociedade. Dende moi cedo determínase a relación nos estudios para mozos e mozas.

Conciliación da vida familiar vs vida alaboral

Para poder levar a caboas suas responsabilidades no eido familiar e compaxinar elo co desenvolvemento dun traballo remunerado, ás mulleres, como xa dixemos, traballan a tempo parcial.

Ao acuparen mais horas nas tarefas deomésticas no coidado de nenos, enfermos e maiores, as mulleres teñen menos oportunidades para progresar no seu traballo e recibiren un millor salario. Certo é que os homes pasan mais tempo no lugar de traballo, pero si sumamos as horas do lugar de traballo e as horas traballadas no fogar , a xornadaq laboral das mulleres é moito mais longa que a dos homes.

Logo da crise do 2008, a tendencia na maior parte de Europa foi a reducirese a brecha salarial entre homes e mulleres, sendo en España a tendencia contraria, e tendose incrementado a diferencia salarial en mais dun 24%, crecendo o desemprego moito mais para o eido da muller que no dos homes.

A taxa de emprego e moi baixa nas mulleres (un 50.3%).

Segundo os sectores, as diferencias agravanse, e a modo de exemplo temos o traballo nas Conserveiras galegas. Nembargantes non existe practicamente diferencia no eido do marisqueo a pé onde ás mulleres perciben polo seu producto a mesma remuneración ca os homes, se descontamos que os homes teñen mellor acceso a mariscar fóra da agua, en pequenas embarcacións, o que non lle sucede á muller que sempre tuvo que “mollarse”.

 

Igualdade

Acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria produce importantes beneficios, non só para a Sociedade, senón tamén para  a Economía edesenrolo dun Pais, xa que se reduciría o nivel de pobreza ao incrementarse os ingresos que as mulleres perciben ao logno da sua vida labora, alonxando ao mesmo tempo o risco de pobreza e exclusión social logo da sua xubilación..

Eliminando a brecha salarial os empresarios poden acadar maiores beneficios, mesmo utilizando o talento e capacidade das mulleresm empregando formas eficaces, como ben poder observarse no mundo das novas tecnoloxías, e da comunicación.

Mulleres en Accion Barbanza traballa tamén para que a brecha salarial desapareza do eido do traballo!!!

8 de Marzal do 2016

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s