Género y Antropología

A Antropóloga Social, María Soledad Vieitez-Cerdeño, filla de Galego, da parroquia de Padróns, en Ponteareas, é doutora en Antropoloxía social pola Universidade de California (Santa Bárbara).

Agora é profesora titular do departamente de Antropoloxía Social da Universidade de Granada. Investiga sobor do impacto das transformacións económicas, politicas e sociais nas relacións e roles  de Xénero.

É especialista en Xénero  Desenvolvemento en África.

Soledad Vieitz2 jpg
Soledad Vieitez

 

Nalgunha das súas conferencias ten salientado que durante o proceso de Independencia dos Estados Africanos, a partires dos anos 60, e en estudios dos anos 70 (Ester Boserup) “Women´s Role in Economy Developement”,  que se pode aludir a dúas importantes conclusións: Primeira, que o estatus das mulleres Africanas tiña descendido considerablemente co colonialismo; Segundo, que as mulleres Africanas ocupaban e ocupan lugares centrais nos sistemas produtivos.

As mulleres son de vital importancia na economía Africana, especialmente no ámbito rural.

O Xénero como categoría social NON existía na  Sociedade Yoruba  precolonial . Existían diversos roles fimininos para cada muller.

Yorubajpg
Muller Yoruba

 

 

Yorubasjpg
Sociedade Yoruba

 

 

 

 

 

 

A principal forma de organización era a de idade, e a xeneración dentro das linaxes. A categría de xénero comezou ser relevante durante o periodo colonial.

Como exemplo a destacar dentro da sociedade Yoruba (grupo étnico Africano con raices tamén en América) é a súa grande flexibilidade nas categorías de xénero . Por iso fálase de fillas varons e esposos fimininos; é dicir,  mulleres que adquiren status “masculino” na súa familia á falta de fillos varons, así coma mulleres que adquiren “esposas” para cumplir os seus ambiciosos obxetivos económicos.

Dentro do contexto dos grupos étnicos o estudio das mulleres ten permitido coñecer en profundidade cómo e por qué se producen certas transformacións nos roles e na selección de xénero durante o colonialismo e en tempos mais recentes. Os cambios mais grandes, téñense producido, non no eido económico, senón no principio de pensamento que concibe a sexualidade dentro do ámbito privado, á marxe das obrigas ou responsabilidades e autoridades do linaxe; o que afecta, profundamente aos homes africanos, e sobor de todo ás mulleres africanas.

Na actualidade, onde se comeza tamén a ter en conta a visión dos propios Africanos, vimos de aprender que a categoría de “xénero” e moito mais flexible, variable e transformadora. A Construcción da maternidade e da sexualidade tan marcadamente eurocéntrica, etnocéntrica e androcéntrica, revisada dende feminismos Africanos teñen valorado estos aspectos relativos a maternidade en África como fonte de poder e de estatus das mulleres. O seu carácter non é individual nin está devaluado como se reflicte nas sociedades occidentais; non a limita nin reclúe aos espacios domésticos menos favorecidos.

Cuestións interesantes sobor de Antropolxia de Xénero tamén podemos procurala no “Seminario Crisis Género y Desarrollo”  .

Nunha entrevista feita polo Correo Gallego á Antropóloga o 7 de Novembro pasado sinala que a orixe das desigualdades é estructural, polo que difícilmente se lles pode atallar.- Están na base das ideoloxías políticas, aducativas, relixiosas.

Destaca, asimesmo, que a desiguladade é mais propia  das sociedades desenvolvidas e industrias, e mesmo de agricultura intensiva. De feito, apartires do Século XIX surden mais formas de desigualdade, e co actual sistema económico dificilmente se pdoe alcanzar a igualdade.

Sinala Soledad Vieitez que as movilizacións das mulleres Africanas está relacionada cos movimentos anticoloniais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anuncios